O luns 17 de xuño e durante toda a xornada, os clubs de lectura do IES David Buján e IES Miraflores dedicaron o día a percorrer xuntos "in situ" todo o lido anteriormente no libro The Corunna boats de Xelís de Toro e publicado na editorial Xerais. En cada anco de interese fíxose pausa e releuse un treito da obra ou algún poema vencellado ao lugar como o poema dedicado a Jhon Moore de Rosalía Castro ou o treito que en As viudas dos vivos e as viudas dos mortos, a propia Rosalía Castro dedica ao Parrote. Viviuse unha xeira moi lúdica e moi literaria. Unha vez máis os profesores acompañaron na interesante experiencia para os clubs de lectura.
Velaquí as fotos que testemuñan o roteiro.
 |
Andrea, Noa, Inés, Bruna e Ana |
 |
Parada ante a igrexa de Santa María, Colexiata. |
 |
Concepción Castro, CCSS, ccordinadora do club Moitaletra, explica no xardín de San Carlos. |
 |
Poema a Jhon Moore de Rosalía Castro.
|
 |
Laura, Lucía, Natalia e Marina. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario