domingo, 10 de novembro de 2013

Albert Camus

Albert Camus
Neste mes de novembro arredor do escritor francés, Albert Camus, celebramos dúas datas esenciais para a historia da literatura universal en expresión francesa. A primeira,  a data do seu nacemento, 7 de novembro de 1913,  polo tanto o seu centenario. A segunda os 70 anos da publicación dunha das obras máis importantes para a literatura El extranjero-L'etranger- O estranxeiro.
A novidade editorial está na publicación desta obra como novela gráfica. Trátase de todo un esforzo cultural que  se vén realizando para achegar á poboación máis nova os autores clásicos que deben ser lidos por todos. As ilustracións pertencen ao debuxante arxentino José Muñoz.





Albert Camus ademais de contar cunha biografía de enorme interese ético, filosófico e político, era bo coñecedor da cultura hispánica, pois falaba español e catalán e asemade estivo unido vital e sentimentalmente coa actriz española, María Casares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario