martes, 5 de novembro de 2013
Concurso de EPITAFIOS
Atréveste a facer o teu propio epitafio?
Se isto é un pouco forte, podes ir ensaiando co de alguén non coñecido.
Durante todo o mes de novembro poderase presentar, en cartulina ou similar e cun tamaño A4 aproximadamente, un epitafio orixinal, pero que se asinará cun pseudónimo. Na Biblioteca farase entrega dun sobre pechado co pseudónimo por fóra e dentro figurará o nome do alumno.
Teremos dúas categorías: unha "seria" e de ton elevado e outra " festiva", sen que sexa soez.. En cada categoría haberá un primeiro e segundo premio, que levarán un agasallo (aínda por determinar).
Na medida do posible colgaranse no blog todos os epitafios presentados e darase conta dos gañadores.
A resolución do concurso terá lugar na primeira quincena de decembro e o xurado estará composto por dous profesores e dous alumnos ( que non poden participar no certame).
ANIMÁDEVOS!!!!! PORQUE .....
Aquí van algúns exemplos:
"Sólo le pido a Dios que tenga piedad con el alma de este ateo".
Miguel de Unamuno
"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".
Lois Pereiro
"Aquí reposan os restos dun ser que tivo beleza sen vanidade, forza sen insolencia, valor sen ferocidade e todas as virtudes dun home sen e os seus vicios".
De Lord Byron para o o seu can Botswein
"Dende aquí non se me ocorre ningunha fuga"
Johann Sebastian Bach
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario