Farto de ollar aos meus compañeiros bailando coma se fosen ósos ao son da "Danza macabra" de Saint Saëns, afasteime do rueiro e reparei nun esquelete que estaba sentado nunha campa e que tiña a calivera ladeada (expresión de tristura e melanconía neste mundo). Chegueime a el e fitei como na caixa dos cadriles tiña acochado un esquelete pequerrechiño. Axiña decateime que era un esquelete de muller e inquirín garimoso:
—¿Será vostede algunha muller das que mataron en Oseira, Nebra ou Sofán?
—Non, señor, non —respondeume—. ¡Eu morrín de tristura!
Despois reparei que nos ósos dos cadriles non tiña buraco de bala.
—Moi fonda debeu ser a tristura —díxenlle.
—Si, señor. Eu morrín namorada do home que apodrece debaixo desta pedra…

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. Castelao
Ningún comentario:
Publicar un comentario