venres, 4 de marzo de 2016

Fulgor de Manel Loureiro

Manel Loureiro

Manel Loureiro vai camiño de se converter nun importante escritor de éxitos de vendas e de contar con numerosos seguidores. En EEUU os seus libros están nas listaxes dos máis vendidos e o seu nome soa con forza para chegar mesmo ao cine.
Fulgor é a súa última novela e nela combina habilmente diversos xéneros, modos e estilos.
Casandra, a protagonista, volve á vida tras estar en coma debido a un grave accidente.
O regreso á normalidade e a súa vida en familia resúltanlle diferentes pois  Casandra é quen de ver as "auras" de todo o que ocorre ao seu redor. A protagonista vive así  dúas realidades que provocan diferentes sucesos e modos de vida da familia e da sociedade na que vive. Trátase dunha novela para todos os públicos, de moi doada lectura e moi visual nas súas escenas e polo dinamismo que introduce o autor.
Combina habilmente doses de terror con aventura e sitúanos nesa realidade esquizofrénica onde Casandra se ve obrigada a diferenciar entre a verdadeira realidade e a fantasía.

Portada de Fulgor, edit. Planeta

Ningún comentario:

Publicar un comentario