O martes día 18 de abril veu
ao I.E.S Miraflores a escritora Andrea Maceiras para falar co Club de
lectura de 1º da E.S.O, integrado con 19 nenos e nenas, sobre o seu
libro Volverás, golfiño.
Recibímola na planta baixa
onde lle dixemos o que iamos facer durante a súa visita.
Alí mesmo quitamos unha foto
con ela diante dun cartel de Rosalía de Castro. Logo subimos á
biblioteca onde comezamos a facerlle preguntas sobre o libro e a
pedirlle que nos contara como se inspirou... Despois quitamos unhas
fotos cun cartel que pintaron dúas nenas do club de lectura sobre o
Prestige e tamén cun cartel que pintamos no club dunha imaxe
bastante destacada do libro. Agora recollemos as opinións de
integrantes do club.
Sandra: Gustoume moito
que viñeras a falarnos do libro; así resolviches as dúbidas do
motivo polo que escolleras eses sitios para falar deles....
Paula: Do teu libro o
que máis me gustou foi a parte na Iris se despide de Thomas no
momento no que os delfíns veñen buscalo. Da túa visita o mellor
foi cando ti nos dixeches que escolleras o escenario da historia na
Costa da Morte porque non aparecía en ningún outro libro e porque
era perfecto para narrar contos de pantasmas.
Rosalía: Eu non puiden
estar o día que viñeches a presentar o libro a verdade e que me
pesou porque tiña moitas ganas de coñecerte. O libro encantoume e a
historia era preciosa espero seguir lendo moitos libros teus. Grazas
por vir visitarnos.
Dani: Eu non
puiden asistir a clase cando viñeches, cousa que me pesa, porque
quería coñecer á persoa que escribiu ese libro tan fantástico.
Gustoume moito ``Volverás golfiño’’, porque trata das costas
galegas, en especial, a Costa da Morte, porque narra con tanta
exactitude e beleza as fermosas costas galegas, porque fala dos seus
faros e porque Iris vai descubrindo pouco a pouco e coa axuda do seu
amigo Thomas a historia dos afundimentos galegos e polo seu propio
interese, descobre a historia do ``Prestige’’ e da marea negra na
que tanto se inspira a súa nai para os seus cadros.
Miguel: O que máis me gustou do teu libro é que estiveses escribindo e representando o máis preciso posíbel todos os lugares da Costa da Morte. Tamén gustoume o momento no que Iris se despide de Thomas cando este ten que marchar. O que máis me gustou da túa visita foi que estivestes contando que estiveras neses mesmos lugares que están no libro, e que nos estiveses informando sobre eses lugares e sobre as protestas que houbo cando afundía un barco que transportaba cargamento contaminante.
Mario: o que máis me
gustou da túa visita foi que nos respondiches a todas as nosas
preguntas sobre o libro e que nós puidésemos sacarnos unha foto
contigo. O que máis me gustou do libro foi a parte na que atopa o
cofre co seu nome gravado.
Patricia: o
que máis me gustou da túa visita foi cando nos contaches todo no
que te inspiraches para facer este libro e que estiveras en todos
eses lugares nos que estivera Iris. O que máis me gustou do libro
foi cando Iris se despide de Thomas, e cando encontra o pelo branco
no interior do baúl e queda atrapada dentro deste.
Pablo: o que
máis me gustou da túa visita foi no momento no que nos relataches
as veces que, na túa infancia, fuches por esas belas praias e viches
todo iso; e, máis tarde, cando volviches ir por alí e decidiches
facer unha historia de medo ambientada alí. O máis bonito do libro,
na miña opinión, é cando Iris se despide de Thomas e logo atopa o
pelo branco no baúl. Moitas grazas pola túa visita.
Javier Corral: o que máis me
gustou do libro foron as paisaxes que aparecían no libro. O que máis
me gustou de que viñeses a visitarnos foi que puideses contestar as
miñas preguntas e as dos meus compañeiros. Moitas grazas por vir, e
gustoume moito o teu libro.
Ana: Gustoume moito “
Volveras golfiño”, sobre todo polos lugares fantásticos citados
no libro. O que máis me gustou deste libro foi que consegue meterte
moito na lectura e, así, poder vivir o libro dunha maneira moi
divertida.
Irene: A min gustome moito que
nos visitarás e que puideses responder a todas as nosas preguntas
sobre o libro, que a min, persoalmente encantoume. Pero sobre todo
fascinoume cando os golfiños recolleron a Iris para estar con ela o
resto da eternidade.
Inés Leivas: O teu libro
encantoume, expresa moi ben os sentimentos dos protagonistas e
conseguín meterme no propio libro chegando a sentirme un personaxe
máis.
Elba: Este libro encantoume,
xa que a historia tiña sentimentos moi bonitos
Sergio: o que máis me gustou
da túa visita foi cando nos contaches en que te inspiraras para
facer o libro. Cando de pequena fuches a aqueles lugares tan fermosos
que nos describiches tan ben e con tanta ledicia. O libro estivo moi
ben, e gustoume moito porque me lembra a época de verán e tamén
polo amor que sente Iris polo seu avó.
Mar Barreiro: Encantoume o teu
libro! Penso que a idea das pantasmas é marabillosa e que como ti
dixeches, que a Costa da Morte parece o escenario perfecto para elas.
A parte na que Iris ve cando Thomas se encontra co seu irmán
paréceme encantadora. Da túa visita encantoume que respondiches a
todas as nosas preguntas e dixéchesnos moitos datos interesantes
sobre o Prestige e outros barcos afundidos. Graciñas por vir!
Nesta foto Mar Velázquez cóntalle a alumnos e alumnas doutros centros que quixera pintar o Prestige despois de ler o teu libro. Miguel e Dani explicaron de que trataba Volverás, golfiño, para que se animaran a lelo. Foi no Encontro dos clubs de lectura celebrado en Santiago o sábado, 17 de xuño.
Sabemos que os alumnos e
alumnas de 1ºESO do Miraflores van ler o teu libro o curso que vén.
Agardamos que lles guste tanto como nos gustou a nós.
Ata sempre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario