OS XOGOS DE CARLOS
CASARES
Na última semana do curso, os alumnos e alumnas de 1ºESO
puideron divertirse cos Xogos de Carlos Casares que crearon no CPI O Cruce de
Cerceda. Moitas grazas a Amelia, Marisol, e ás profas do Cruce por deixárnolos. Grazas a Aurora por facer de monitora.
Os xogos están baseados no títulos das obras do autor do Día
das Letras Galegas deste ano, Carlos Casares. É o noso xeito de renderlle
homenaxe.
O que os entretivo máis tempo foi o xogo de As laranxas máis laranxas de todas as
laranxas. Tratábase de introducir o maior número posible de laranxas polos
buratos dunha árbore que construíu Manu.
Os escuros xogos de Clío consistía en atopar un peluche
agachado nun cuarto ás escuras, empregando una lanterna.
En Os mortos daquel verán tiñan que chegar a onde estaba a monitora de costas. Cando se xiraba, tiñan que deterse e facerse os mortos.
En Os mortos daquel verán tiñan que chegar a onde estaba a monitora de costas. Cando se xiraba, tiñan que deterse e facerse os mortos.
Noutro xogo hai que pegarlle a cola a O galo de Antioquía.
Tamén usamos o xogo das cadeiras para representar Deus sentado nun sillón azul. Gañaba o equipo ao que pertencía o rapaz ou rapaza que quedaba de último na cadeira azul.
Tamén usamos o xogo das cadeiras para representar Deus sentado nun sillón azul. Gañaba o equipo ao que pertencía o rapaz ou rapaza que quedaba de último na cadeira azul.
Un polbo xigante consistía en sacar a cabeza do polbo do
círculo no que estaba. É o xogo da corda, pero neste caso son varias cordas a
un tempo.
O máis divertido, Xoguetes para un tempo prohibido no
que tiñan que bailar, pero cumprindo unas indicacións para non ser eliminados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario