mércores, 15 de abril de 2020

COMENTARIO DE LECTURAS



Elixín este libro porque a súa portada e o seu resumo foron moi interesantes e  chamaron moito a miña atención. Pois  é un libro baseado en 20.000 leguas debaixo dos mares, de Verne. 
É unha obra que mestura historia, fantasía e aventuras.
 Consiste en que o capitán Nemo e os seus compañeiros, o profesor Aronnax, Ned Land e Conseil, van recordando as aventuras de cando viaxaron a Vigo no Nautilus, por causa do seu creador Jules Verne.
Ademais tamén lembrarán a lendaria batalla de Rande, onde afundiron os galeóns cheos de prata, e as visitas de Jules Verne a Vigo.
Verne en Vigo
O que máis me gustou foi  todo o relativo á batalla de Rande, e cando mostran as estratrexias que se levaron a cabo na ría viguesa.  
Recomendo este libro a aqueles que lles guste a historia e a obra de Jules Verne.

Título: 20.000 leguas de Verne a Vigo
Autor: Eduardo Rolland.
Editorial: Lobito bueno.
Signatura: Galego R.4123.
Primeira edición: Setembro de 2016.
Nota: 10.
Número de páxinas: 47 páxinas en 5 capítulos.
Tempo aproximado de lectura: 50 minutos.

Pablo

Ningún comentario:

Publicar un comentario