mércores, 15 de abril de 2020

COMENTARIOS DE LECTURAS


 Título:  A Odisea

Editorial :  Rodeira
Edición:  Rosa Navarro Durán que  adaptou para os nenos o clásico de Homero. A primeira edición é do ano 2007 e consta de 214 páxinas.

Ilustracións: Francesc Rovira.              



Elixín este libro porque é continuación da película  Troia que vin en infantil e que me encantou. É un libro de aventuras, acción e  intriga.

Ulises saíu da guerra de Troia  coa intención de volver á casa coa súa muller Penélope. Mentres o seu fillo, Telémaco, buscaba pistas sobre o paradoiro de seu pai.

Ulises na súa viaxe de volta atopouse con moitos problemas coma un cíclope que comía os seus compañeiros ou cunha bruxa que converteu aos seus compañeiros en porcos.
Se che gustou a película de Troia este libro vaiche encantar e se che gustan as aventuras en xeral este libro non para de telas, saes dunha aventura e atópaste con outra.

Eu lino en 2 horas e media eu doulle un 8 porque o inicio é un pouco aburrido, pero o final ten moita acción.

Iker














Ningún comentario:

Publicar un comentario