martes, 25 de agosto de 2020

Escritores e escritoras do IES MIRAFLORES




PREMIO ESPECIAL DE NARRATIVA NO FESTIVAL DE PARDIÑAS


Neste XLI Certame de Creación infantil e xuvenil, presentáronse 720 traballos nas distintas especialidades. Os premios entregáronse o pasado sábado 22 de agosto. Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos, no seu discurso na entrega dos premios, resaltou o exemplo que deron os rapaces e rapazas durante o confinamento.



Parabéns aos 14 alumnos e alumnas de1º ESO que participaron no Certame de Narrativa Terra Chá que organiza "Xermolos" de Guitiriz. 
O xurado decidiu dar un premio especial ao alumnado do Miraflores pola recreación da viaxe a Outeiro de Rei e San Paio de Narla, e a presenza da obra de Manuel María que aparecía en cada un dos contos.

Os 14 contos aparecen publicados na revista que edita "Xermolos", acompañados de fotos da excursión á Casa Museo de Manuel María que realizaran a comezos de ano. Temos un exemplar na BiblioMiraflores.

Os 14 contos están publicados no apartado da páxina web do centro "A nosa canteira". 


Inés e Noa con Mero Iglesias


Os premios foron entregados pola alcaldesa de Guitiriz e por Mero Iglesias, o autor da música do poema "O Carro". Ademais dun diploma cadaquén recibiu as revistas “ Xermolos”, nas que aparece o seu conto publicado, un libro da colección Terra Chá e o CD do grupo A Quenlla, Na señardade.

Na foto podedes ver a Inés e Noa, con Mero quen manda unha aperta moi forte para todos os participantes e moitos ánimos para seguir escribindo e cantando “O carro”.


RELACIÓN DE TÍTULOS CON CADANSEU AUTOR/A
1.-UNHA MISTERIOSA TARDE NA PROVINCIA DE LUGO. IRENE ROSTRO BARRERO 1º ESO


2.-A EXCURSIÓN CATASTRÓFICA.SAMUEL FRANQUEIRA DOMÍNGUEZ


3.-A ESTRAÑA MÚSICA. JAVIER PAZ MARTÍNEZ


4.-ERA MANUEL MARÍA. YANIRA SILVA GARCÍA

ANTÍA E IRENE RECITANDO NA CASA MUSEO DE MANUEL M.
YANIRA

5.-A MISTERIOSA DESAPARACIÓN DE “GALICIA”. BREIXO GARCÍA LÓPEZ

SAMU
6.-O LADRÓN DE NAVALLAS. NOA GARCÍA MORILLAS

7.-A GUERRA NA FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA. INÉS FERNÁNDEZ ROMERO


NACHO, FERNANDO e ADRIÁN


8.- O CARRO DE COSPEITO. ANTÍA BAO GONZÁLEZ

9.-A COVA DE PENAS DE RODAS. FERNANDO PECHE VILASÁNCHEZ

10.- O RAPAZ QUE QUIXO DESCUBRIR O MISTERIO DAS PENAS. IRENE SÁNCHEZ RABUÑAL
JAVI PAZ E DIEGO LEMA


11.-SEGREDOS DAS TERRAS DO MIÑO. ADRIÁN MANUEL CHAS PIÑEIRO

12.-NO SOLSTICIO DE VERÁN. IGNACIO MÁRQUEZ RICOY

13.- TERRA CHÁ. DIEGO LEMA RÚA


CLAUDIA
14.- MISHA E AS SÚAS AVENTURAS. CLAUDIA SÁNCHEZ RABUÑAL  


BREIXO NO ALTO DA  FORTALEZA DE NARLA




IRENE ROSTRO 



Ningún comentario:

Publicar un comentario