martes, 22 de xuño de 2021

AS VACAS DO MIRAFLORES

 Queremos conservar os fermosos traballos elaborados en primeiro e terceiro da ESO para o proxecto "As vacas do Miraflores"

Aquí podedes ver as fotos do " carné de identidade" do noso rabaño. Preme na imaxe para ver as nosas 130 vaquiñas. 


Na exposición que tivemos no corredor durante o mes de xuño démoslle protagonismo  a dous libros que son clásicos da literatura galega: Memorias dun neno labrego  e Os soños na gaiola. Pero tamén expuxemos outros moitos como podedes ver nas fotos. 

Neste ano de pandemia quixemos destacar a importancia das vacinas e da súa orixe  tan relacionada coas vacas . Grazas a Bea poídemos expoñer  o xugo, o loro, apeiros que o noso alumnado non pode ver facilmente. 

Unha mirada a literatura galega de todos os tempos á arte e mesmo a historia, permite decatarnos da constante presenza deste fermoso animal na nosa cultura.



Ningún comentario:

Publicar un comentario